Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Cabo de Cruz volve quedar sen servizo médico durante o mes de xullo
 
 
Cabo de Cruz volve quedar sen servizo médico durante o mes de xullo Imprimir Correo electrónico
Mércores, 25 Xuño 2008

pecheconsultoriocabo_100_250608.jpgBOIRO > A falla dun médico substituto obrigará novamente a pechar o consultorio de Cabo de Cruz durante o mes de xullo.

A historia repítese e por terceiro ano consecutivo os veciños do núcleo boirés de Cabo de Cruz que teñan que acudir ó médico durante o mes de xullo non poderán facelo na súa parroquia.

O consultorio ubicado na casa do mar pechará as súas portas ó non haber médicos dispoñibles para a substitución do facultativo titular da praza. Terán entón que desprazarse ata o centro de saúde do Saltiño, en Boiro, ubicado a máis de dous quilómetros de distancia.

Abandono

Os afectados acusan á administración desta situación de abandono posto que, a pesar das reiteradas queixas presentadas dende a asociación de veciños, Sanidade non destinará outro médico para cubrir as vacacións.

Deste modo, un ano máis, a poboación de Cabo de Cruz que se ve sensiblemente incrementada durante a tempada estival, terá que apañarse para non enfermar durante o mes de xullo.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg