Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O BNG defende o proxecto do parque industrial de Tremoedo

VILAGARCÍA > A voceira do BNG de Vilanova, Carmela Alfonso, e o voceiro nacionalista a nivel comarcal, Duarte Correa, falaron hoxe en rolda de prensa sobre a situación actual do proxecto do polígono industrial de Tremoedo.

 Para os nacionalistas o proxecto inicial rexistrou numerosas melloras grazas as aportacións dos veciños, como a reducción da súa extensión a 960.000 metros cadrados, a exención das terras de cultivo ou a innovación nos sistemas de captación de auga.

foto_bng_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Martín promete unha presentación concisa ante a presión da Eurocopa Imprimir Correo electrónico
Mércores, 25 Xuño 2008

telmo_martin_sede_pp_100.jpgPONTEVEDRA > Bastante breve, calcúlase que durará menos de media hora, será a presentación que fará o presidente dos populares pontevedreses, ...

... Telmo Martín, sobre a nova localización que vai propoñer o partido para Ence. A causa, as semifinais da Copa de Europa nas que xoga España, ás nove menos cuarto da noite. Salvo este dato, poucos detalles novos se lle escaparon esta mañá ó popular, polo que o segredo permanecerá ben gardado ata mañá.

No auditorio de Caixanova, onde xa presentara nas pasadas eleccións municipais o seu proxecto da Nova Pontevedra, mostrará cal é a súa alternativa para situar á industria de celulosas. Un lugar que estará dentro do concello, que non suporá riscos de contaminación para a Ría, e que medirá un mínimo de 30 hectáreas, as que ocupa actualmente Ence. Unha localización, volveu a subliñar, viable e sostible que paliará tres dos principais inconvenientes da fábrica: o seu impacto paisaxístico, os cheiros e a contaminación á Ría.

O obxectivo do proxecto que vai presentar mañá Telmo Martín, que tampouco coñecen os directivos de Ence, é o de convencer ós pontevedreses da conveniencia da fábrica no concello. O motivo, o impacto económico que ten para a localidade, e para toda Galicia, o sector forestal. Tanto o presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo, coma o Presidente da provincial, Rafael Louzán, van estar mañá no acto apoiando o proxecto do grupo municipal, ó que tamén están invitados outros axentes sociais e empresarias do concello.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg