Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
A compra da casa de Dieste realizouse con toda legalidade Imprimir Correo electrónico
Xoves, 26 Xuño 2008

compracasadieste_100_260608.jpgRIANXO > O rexedor rianxeiro asegurou hoxe que nunca se negou a oposición documento algún do expediente.

O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro vén de sair ao paso das declaracións realizadas hai uns días pola agrupación local do BNG nas que se poñía en dúbida a legalidade da compra da casa do escritor Rafael Dieste por parte do concello de Rianxo. O rexedor rianxeiro asegura que nunca se negou aos nacionalistas documento algúns dos trámites realizados e que se negociou “ata o final” a adquisición dos bens do literato pero non se puido chegar a un acordo cos herdeiros.

A finais do pasado ano asínabase na notaria de Padrón o acordo de compra-venda da casa de Rafael Dieste por parte do concello de Rianxo. Xa de aquela, os grupos da oposición da corporación local rianxeira denunciaron falta de transparencia nos trámites, acusándo ao grupo de goberno de agochar documentación e de realizar unha mala xestión na adquisión.

Total transparencia

Esta mañá o alcalde, Pedro Piñeiro, acompañado do asesor xurídico do concello, Alfonso Alcalá Peréz quixo aclarar todos os pasos que se seguiron na tramitación desta compra, co fin de demostrar a legalidade do proceso.

Pedro Piñeiro asegurou que os grupos da oposición tiveron acceso a toda a documentación do proceso de compra. Asemade, ante a acusación de realizar unha mala xestión na adquisión, Piñeiro explicou que se tentou negociar cos herdeiros a compra do legado artístico e pictórico do escritor pero que non se puido chegar a un acordo. Malia todo, Piñeiro mostrou a súa satisfación porque a vivenda xa pertence aos rianxeiro e anunciou que neste ano comezarán as obras de restauración do inmoble.

Proxecto museístico

O alcalde de Rianxo espera contar coa colaboración de Xosé Luis Axeitos para dirixir o proxecto museístico da localidade e asegurou que non descansará ata que a Casa de Castelao pase a ser de titulariedade pública. Na actualidade, dixo, xa se esgotaron todas as vías de negociación co propietario polo que se iniciarán os trámites para proceder a súa expropiación.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg