SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| A abstención de EU facilita a aprobación do orzamento de Vilagarcía |
|
|
| Venres, 27 Xuño 2008 | |
|
VILAGARCÍA > O goberno municipal de Vilagarcía vén de facer un xiro á esquerda obrigado polo grupo de Juan Fajardo para poder aprobar o presuposto de 2008, que ascende a 28 millóns e medio de euros. Esquerda Unida cumpriu o prometido e abstívose na votación, ó aceptar o bipartito as súas propostas. Iso si, clarexou que é un acordo puntual. O PP, que votou en contra, acusou a EU de firmar un cheque en branco e advertiulle que lle incumprían os acordos. A incógnita no pleno era o voto de IVIL. José Luís Rivera Mallo propuxo, entre outras cousas, a retirada do asesor, que xa se fixera a petición de EU, e tamén a conxelación de taxas e impostos municipais, a do lixo ata 2011, para paliar así a crise económica. O PSOE admitiu que había que revisar as ordenanzas pero dixo que iso precisaba negociación de tódolos grupos. Como a emenda non prosperou IVIL votou en contra. O goberno municipal deixou claro que quere acordos con todos, unha mensaxe que o portavoz do BNG dirixiu especialmente ó PP. O PSOE convidou a Fole a superar as confianzas mutuas polo ben de Vilagarcía. Redacción Salnés |


















