Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Germán Gabriel e Carlos Suárez visitan a Basket Camp
 
 
Germán Gabriel e Carlos Suárez visitan a Basket Camp Imprimir Correo electrónico
Luns, 30 Xuño 2008

camp250_300608.jpgVILAGARCÍA > A quinta edición da Vilagarcía Basket Camp quedou ofcialmente inaugurada este domingo trala presentación feita onte no Pavillón de Fontecarmoa. E hoxe pola tarde os rapaces xa pudieron desfrutar da visitas de dúas estrelas da ACB: Carlos Suárez e Germán Gabriel.

Xa está en marcha a Vilagarcía Basket Camp. A organización levou a cabo onte o acto de apertura coa presencia de máis de dous centenares de rapaces, acompañados moitos deles por seus pais.

Como xa foi habitual nas edicións que precederon a esta, non só haberá nenos de Vilagarcía e Pontevedra, senón chegados dende tódolos puntos da xeografía galega, española e portuguesa.

Onte foron presentados os adestradores e técnicos que impartirán as clases durante o campus, momento no que houbo un emotivo recordo a Toa Paterna, director nesta área nas últimas catro edicións pero que este ano non puido asistir por unha grave enfermidade; o seu lugar foi tomado polo actual técnico do Inlega, Juan Espiñeira. Hoxe pola mañá e pola tarde os rapaces puideron compartir cancha con dúas verdadeiras estrelas da ACB: o xogador do Estudiantes, Carlos Suárez e o pívot do Unicaja, Germán Gabriel.

Despois de ser entrevistados polos rapaces, ambos xogadores deixaron Vilagarcía, prometendo volver o ano que ven. Agora, adestrarán e mellorarán de cara ó mércores, xa que será o día na que Marcelo Nicola, ex de Tau e Barça, visite o campus.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com