| 'A Cariñosa' adxudícase a victoria na Volta á Illa |
|
|
| Martes, 01 Xullo 2008 | |
|
Voltou unha das competición máis emblemámnicas de vela de cantas se disputan na nosa comunidade, a Volta Á Illa de Arousa de Dornas a Vela. Esta foi a súa vixésimocuarta edición. De novo foi un éxito de participación e organización, por algo está considerada como a nai de todas cantas regatas se disputan nesta especialidade. Máis de 50 barcos, que se traduce en algo máis 100 participantes, encheron de corido a zona do Bao, lugar de onde se deu a saída e onde se situou a chegada. Ó igual que sucedeu na pasada edición a dorna 'A Cariñosa', tripulada por Victor 'O Cho' e Checo leváronse a victoria despois de culminar unha gran remontada a partir do Faro de Lobeira. Ata entón a proba estivera dominada por 'A Nécora', de Braulio e Harry, que finalmente se tiveron que conformar coa segunda posición. O tempo empleado por A Cariñosa non chegou nin ás tres horas, un rexistro extraordinario e que fala as claras da calidade dos regatistas e tamén das boas condicións de vento que se atoparon durante a tarde do sábado. A dorna 'A Pereca' foi terceira, completando así o poidum e confirmando o gran dominio das embarcacións locais sobre o resto. Centos de persoas seguiroin a proba dende terra, onde tamén se deixaron ver o propio alcalde, Manuel Vázquez ou á Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, que non perdeu detalle da competición. Redacción Salnés |




A ILLA > Volveu a Volta á Illa de Dornas a Vela, na súa vixésimocuarta edición. Máis de medio centenar de embarcacións tomaron parte nunha competición que se disputou baixo unhas óptimas condicións climatolóxicas.












