Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow CULTURA arrow O Museo de Pontevedra amosa cinco novos cadros de Arturo Souto
 
 
O Museo de Pontevedra amosa cinco novos cadros de Arturo Souto Imprimir Correo electrónico
Martes, 01 Xullo 2008

PONTEVEDRA > O Museo Provincial de Pontevedra expón cinco novas obras do artista Arturo Souto, quen fora bolseiro da Deputación.

Un dos óleos é 'Puerto Antiguo', pintado por Souto en 1942, nada máis chegar exiliado a México. O marco, semicurcular, tamén é obra súa. Chega ó museo grazas a unha doazón do fillo do artista. Dos anos 37, 58 e e 60 son os tres cadros de Souto que adquiriu a Deputación, por 150.000 dólares. 'Máscaras', 'Composición' e 'Objetos en el espacio' amosan unha etapa na que o artista se viu fascinado polo emprego da cor, na que se afasta da figuración e ofrece unha visión case abstracta.

A nova partida de obras de Souto complétase con Doble Maternidad, deixada en depósito polo seu neto. Está inacabada e é unha das dúas obras que pintaba no momento da súa morte, en 1964, cando preparaba o seu regreso a Galicia. Con estes cadros, o museo provincial convértese na institución que posúe a colección que mellor define as etapas evolutivas de Arturo Souto, un dos máximos referentes da xeración dos renovadores da plástica galega.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg