Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Portos do Estado destina 17,5 millóns á terminal intermodal de Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Martes, 01 Xullo 2008

porto100_010708.jpgVILAGARCÍA > O porto non para de recibir boas novas. Portos do Estado acaba de incrementar a 17,5 millóns de euros a cantidade ...

... que achegará para as obras da terminal intermodal.

Portos do Estado destinará 17 millóns e medio de euros de fondos de cohesión para as obras da terminal intermodal do Porto de Vilagarcía. O Plan de Investimentos recollía só 10 millóns de euros para a extensión da liña férrea ata Ferrazo, a ampliación do peirao comercial e o dragado do canle de entrada e da zona de manobra do porto. Pero agora o financiamento estatal incrementouse nun 75% o que permitirá segundo o presidente arousá Javier Gago axilizar as obras e que a achega do porto sexa menor.

Foi unha das novas que comunicou na última reunión do Consello de Administración. Tamén fixo balance da actividade xerada pola terminal de contedores nos últimos 15 días. Coa chegada dos tres primeiros barcos realizáronse 45 xornadas de traballo, 26 a cargo dos estibadores fixos e 19 dos eventuais, o que supón unha media de quince xornadas por barco. En canto ó movemento de mercancías, descargáronse uns mil contedores, o que vén sendo unhas doce mil toneladas de mercancía xeral.

No Consello de Administración tamén se aprobou o plan de emerxencias e a compra de 500 metros de barreiras anticontaminación e bombas de succión, para evitar calquera vertido de hidrocarburos ou de combustible dos barcos, material que chegará ó porto en setembro.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg