Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Árbores e contedores caídos, e a flota amarrada a porto polo temporal

SALNÉS > O temporal de choiva e vento que azoutou dende onte á noite a Galicia deixouse sentir especialmente no litoral. As ondas que chegaron a acadar os 4 metros de altura, os refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora e o mar de fondo fixo que a maior parte da flota da ría de Arousa quedase amarrada a porto esta mañá. En Pontevedra non se chegou a activar a alerta laranxa coma si se fixo na costa coruñesa e lucense. Na Barbanza a situación foi similar e portos coma o de Ribeira rexistraron hoxe pouca actividade.

temporal_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
A ABE esixe a apertura do enlace da vía rápida con Catoira Imprimir Correo electrónico
Martes, 01 Xullo 2008

queixasabe_100_010708.jpgBARBANZA > A apertura total da vía rápida do Barbanza, anunciada para a próxima semana, non cumpre as expectativas dos empresarios da comarca.

O presidente da ABE, Carlos Rodríguez, fíxose eco das queixas de numerosos empresarios boireses en relación á posta en servizo da vía rápida do Barbanza. A pesar de que este luns se abría ó tráfico o tramo Ribeira-Boiro e está previsto que todo o trazado estea en servizo a partir da próxima semana, varios enlaces permanecen pechados.

Entre eles, o de Palmeira, o de Pobra Sur que conduce ó polígono da Tomada ou a saída cara Catoira para os vehículos que circulan en dirección Padrón. Isto dificulta a conexión coa comarca do Salnés e obriga a incrementar o tempo de desprazamento coas consecuentes perdas engadidas.

Solucións temporais

Os empresarios boireses non entenden os motivos da Consellería de Política Territorial para manter estes accesos inoperativos polo que piden á administración autonómica que se habiliten accesos temporais para facilitar as comunicacións.

De non ser posible esixen que se lles expliquen as razóns técnicas que obrigan ó peche dos enlaces e que se establezan prazos concretos para a súa apertura.

Dende a ABE expresan abertamente o seu malestar co departamento autonómico de Obras Públicas pola súa falla de sensibilidade xa que os empresarios están a ser un dos sectores máis prexudicados polo peche da vía rápida. Por este motivo esixen que, cando menos, se lles dea unha explicación.

Redacción Barbanza

Non hai comentarios.
Escriba o séu comentario....
Nome :
Asunto :
Cometario :

 


Os nosos bloggers
Advertisement
q_blog.jpg
DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol250_080908.jpgSALNÉS > Mala xornada de novo para os equipos de Salnés na Terceira División. Derrotas de Céltiga e Portonovo e empate do Arousa. Tan só o Vilalonga foi quen de gañar, eso sí, tras facer un auténtico partizado fronte ó Cerceda.

Non hai comentarios.
Escriba o séu comentario....
Nome :
Asunto :
Cometario :

Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
tdtl_01_01.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

O Humor de Axis
humor.jpg
Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif