Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow A xuíz ordena o derrube dun edificio en Rianxo por infrinxir a legalidade
 
 
A xuíz ordena o derrube dun edificio en Rianxo por infrinxir a legalidade Imprimir Correo electrónico
Martes, 01 Xullo 2008

derrubeedificiorianxo_100_010708.jpgRIANXO > O tribunal do contencioso administrativo vén de ordenar o derrube dun edificio posto que a licenza de edificación non se axusta á legalidade.

A sentenza emitida polo xulgado do contencioso administrativo número un de Santiago de Compostela venlle a dar a razón a un grupo de veciños que interpuxo un recurso contra a concesión da licenza de construción nun inmoble na rúa Carbaxales de Arriba de Rianxo.

Na súa resolución, o tribunal ordena a reposición á situación anterior ó comezo das obras o que supón o derrube da construción que está practicamente finalizada, por non axustarse á legalidade urbanísitca vixente.

Chan non urbanizable

Entre as infraccións que sinala o xuíz figura o incumprimento da distancia mínima de lindes, o exceso de edificación e mesmo que a parcela na que se ubica está afectada por Costas dado que se trata de chan urbano non consolidado.

Reiteradas denuncias

A sentenza foi valorada de xeito moi positivo polo grupo municipal do Partido Popular que, en reiteradas ocasións, xa denunciara a existencia de irregularidades na construción deste e doutros inmobles. E é que xa existen varias sentenzas en contra das licenzas concedidas polo concello como é o caso dos edificios ‘Os Pinos’ situados en Rianxiño, a urbanización Virxe da Guadalupe ou o taller de pedra Ramos.

Informes favorables

Pola súa banda, dende o concello teñen pensado recorrer a sentenza posto que a licenza foi concedida con tódolos informes técnicos e xurídicos favorables, tal e como acontece con tódolos permisos emitidos polo executivo local.

Redacción Barbanza

Non hai comentarios.
Escriba o séu comentario....
Nome :
Asunto :
Cometario :

 


 
O Humor de Axis
humor.jpg