Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
O Plan de Mobilidade incluirá a peonalización de rúas céntricas Imprimir Correo electrónico
Mércores, 02 Xullo 2008

mobilidade100_020708.jpgVILAGARCÍA > O Concello e diversos colectivos acaban de fixar un paquete de 15 medidas para mellorar a mobilidade na cidade ...

... A mellora do transporte colectivo, a creación dunha patrulla policial en bicicleta, estacionamentos cubertos para bicis e peonalización de rúas, son algunhas das propostas.

As bases do Plan de Mobilidade de Vilagarcía foron acordadas esta semana no concello, na reunión que mantiveron os edís de Xestión do Territorio e Educación, cos responsables da Policía Local, centros escolares, Arousa en Bici, taxistas e a empresa Pereira. Son en total 15 medidas. Polo que respecta ó tránsito de peóns, proponse construír e mellorar as beirarrúas nos accesos ós colexios, limitar a 50 quilómetros por hora a velocidade máxima polas vías urbanas, e peonalizar rúas céntricas como Castelao, Rei Daviña e as circundantes á Praza de Ravella.

Para desconxestionar o tráfico rodado proponse potenciar o transporte público e colectivo creando, por exemplo, unha liña directa co Hospital do Salnés. Outra medida sería crear zonas amplas de aparcamento na periferia e a implantación da Zona 30 en todo o centro urbano. Tamén se potenciaría o uso da bicicleta como transporte alternativo na cidade. Para iso continuaríase o carril bici ata o Rial, habilitaríase un estacionamento cuberto, un parque municipal de préstamo gratuíto, e mesmo se crearía unha patrulla policial en bicicleta para as praias e zonas peonís.

A mobilidade nos polígonos ou a execución da Senda Verde entre Carril e Bamio tamén figuran nas bases do futuro plan, que redactarán os servizos técnicos do Concello. Unha actuación que se financiará con cargo ó proxecto Arousa XXI.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg