Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Caride anuncia que a autovía do Barbanza abrirá antes do Nadal 

SANTIAGO > A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, anunciou esta mañá que a autovía do Barbanza estará totalmente aberta ó tráfico antes de Nadal. Fíxoo nunha xuntanza mantida en Santiago cos alcaldes de Dodro, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira. Confírmase así por parte de Política territorial o adianto da posta en servizo desta infraestrutura, cuxo prazo contractual estaba fixado para finais de xaneiro de 2009.

alcaldes_barbanza300.jpg 

 

 + máis

 
Carmen Gallego supervisou as obras do criadeiro de moluscos no Freixo Imprimir Correo electrónico
Mércores, 02 Xullo 2008

carmengallegoennoia_100_020708.jpgNOIA > A Conselleira de Pesca realizou a súa primeira visita institucional ó concello de Noia, na que analizou as principais necesidades do sector pesqueiro.

A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, e a delegada provincial, Rosa Liaño, mantiveron unha xuntanza de traballo co alcalde, Rafael García Guerrero, e o patrón maior, Santiago Cruz, para analizar as principais necesidades do sector marisqueiro na comarca do que dependen directamente máis de mil cincocentos profesionais. Tan só en Noia son 800 os mariscadores que viven da actividade extractiva o que sitúa esta confraría á vangarda de Galicia .

A titular de Pesca aproveitou a súa visita para coñecer algunhas das actuacións que o seu departamento está a acometer na comarca. Entre elas o criadeiro de moluscos que se etsá a construír en Sabarde, no concello de Outes, para o que Pesca destinará unha partida dun millón douscentos mil euros mentres que a confraría asumirá outro tanto.

Autoabastecemento

Esta planta permitirá o autoabastecemento do sector posto que producirá preto de 100 millóns de unidades de ameixa e 20 millóns de ostras ó ano. Para completar o proceso productivo, antes de depositar as crías nos bancos naturais, será preciso o seu engorde en dúas bateas que suporán un custo aproximado de 312 mil euros, para os que o patrón maior solicitou a colaboración económica do departamento de Pesca. Carmen Gallego comprometeuse a estudar as peticións do pósito e adiantou que seguirá a colaborar estreitamente cos proxectos que desenvolve o sector na comarca de Muros- Noia.

Inversións por valor de 3'7 millóns

Dende o ano 2005, a Consellería de Pesca leva investidos nesta bisbarra máis de 3’4 millóns de euros. entre as actuacións máis destacadas figuran a nova lonxa do prot do freixo ou o edificio de apoio á rula existente no porto de Testal, que Carmen Gallego amén tivo ocasión de visitar no seu percorrido. Para o presente ano están previstas novas inversións por valor de máis de 336 mil euros.

Redacción Barbanza 

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_191108.jpgVILAGARCÍA >Extrugasa prepara xa o encontro que mañá vai disputar ante o Tarbes francés, correspondente á quinta xornada da Eurocup. O adestrador do conxunto vilagarcián, Isaac Fernández, asegurou hoxe en rolda de prensa que aproveitará o partido para facer cambios no equipo. As xogadoras menos habituais desfrutarán de máis minutos.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg