Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Cultura confirma que as canteiras de Xiabre afectan ós petroglifos Imprimir Correo electrónico
Xoves, 03 Xullo 2008

xiabre100_030708.jpgVILAGARCÍA > A Consellería de Cultura confirma que a canteira Espiño e dous permisos de investigación para futuras explotacións afectan ...

... a territorio con elementos do patrimonio arqueolóxico catalogado ou localizado desde hai tempo. Así o informa hoxe a Asociación Cultural Barosa. U

n informe da Consellería de Cultura confirma que parte da cuadrícula da canteira Espiño invade a zona dos petroglifos de Sobreiras, no monte Xiabre. A Asociación Cultural Barosa, quen denunciara esta situación, non se estraña disto xa que o informe valorativo da prospección arqueolóxica para o estudio de impacto ambiental realizada no ano 99 só incluíu unha parte das cuadrículas do ámbito da concesión. O informe de Cultura confirma tamén que o permiso de investigación concedido por Industria en 2007 a Hormigones Valle Miñor, en Vilagarcía, afecta alomenos a 6 laxes con gravados no Outeiro das Bestas.

O mesmo pasa con outro permiso denominado Milagrosa 3000, que abarcaría 9 cuadrículas mineiras en terreos de Vilagarcía e Caldas e afectaría a 5 mámoas e ó castro de Gaiba, ademais de ó conxunto das pedras roibas. A asociación advirte ademais que outro permiso, neste caso na parroquia de Saiar, que está pendente de resolución de concesión para 4 cuadrículas mineiras afectaría ó petroglifo da laxe dos bolos. Un patrimonio arqueolóxico, que segundo o informa de Cultura, tamén resultou afectado durante o campionato de España de Trial feminino.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg