|
POBRA > A confraría da Pobra quixo sair ao paso das declaracións doutros pósitos en contra da cesión de parte do banco de libre marisqueo de Cabio.
O banco marisqueiro de Cabio volta de novo á actualidade, logo de que hai uns días a confraría da Pobra reabrise o debate sobre a súa titularidade. Os productores pobreses queren acadar unha concesión de medio millón de metros cadrados para explotación propia. Isto non sentou nada ven ao resto de confrarías da Arousa que traballan neste banco, agás a de Ribeira que si está de acordo ca decisión.
Recollida de sinaturas
Dende o pósito da Illa xa iniciaron unha recollida de sinaturas en contra da decisión, a que xa se sumaron nove confrarías. Malia todo, dende A Pobra teñen a intención de seguir as negociacións coa Consellería de Pesca para acadar o que consideran unha reinividicación histórica, que xa se lles negou en demasiadas ocasións.
A confraría de A Pobra leva máis de oito anos reclamando a xestión de parte do banco marisqueiro de Cabio ca intención de garantir o sustento dos socios da entidade. O pasado ano a Consellería de Pesca concedía, por fin, a xestión do banco á confraría pobresa, contra a negativa do resto de pósitos arousáns.
Tras duras negociacións, ao final o banco voltaba a ser de libre marisqueo ante a promesas das confrarías de Arousa de negociar este ano a cesión de parte a Pobra, algo que asegurou Maneiro, non se está a cumprir. Por eso, dende a entidade pobresa, aseguran que non van facer máis concesións e apelan as administracións para que tomen cartas neste asunto.
Redacción Barbanza
|