Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Un veciño denuncia á falta de solucións da concentración parcelaria Imprimir Correo electrónico
Xoves, 03 Xullo 2008

parcelaria__100.jpgCALDAS > Manuel Rey Troncoso, un veciño da comarca do Salnés propietario dunhas fincas en Saiar, Caldas, ...

....denuncia publicamente que a parcelaria segue sen resolver os problemas nesta localidade logo de 14 anos de tramitación. No seu caso particular asegura que lle outorgaron unha finca de 2.085 metros cadrados que finalmente, por razón da calidade da terra, lla deixaron en 1.775 metros cadrados. Pero neste espazo, deixáronlle a maiores unha presa que divide o terreo en dúas partes, o que fai imposible que traballe nunha das metades por mor da auga acumulada.

Esta presa, recolle a auga dun manancial que posúe no seu un veciño colindante e que el quere que siga transcorrido todo pola propiedade do mesmo. Manuel Rey está farto de dar viaxes a Pontevedra e de facer chamadas á Xunta de Galicia para que lle arranxen este entorto. No departamento autonómico suxírenlle que se aclare el co veciño, un remedio que non é posible, posto que logo de intentalo non chegaron a un acordo final, amais que el pensa que debe ser o goberno galego ó que solucione este problema que el antes non tiña. A

nte todos este problemas a Manuel xa se lle esgota a paciencia. Este veciño e os seus familiares xa quixeron soterrar a presa para poder traballala finca o que derivou nunha denuncia do Seprona e ca intervención de Augas de Galicia. Visto que non poden facer nada, prefiren ata renunciar á finca se é mester.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg