SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| Feijóo e Louzán arrouparán a Jorge Domínguez no Congreso do PP de Meaño |
|
|
| Venres, 04 Xullo 2008 | |
|
MEAÑO > Os máximos dirixentes do PPdeG clausurarán mañá o Congreso Local de Meaño, ó que de momento, só concorre como candidato Jorge Domínguez, actual alcalde e presidente da xestora local. O partido considera este concello como un bastión, tendo en conta que aquí é onde mellores resultados colleita nas últimas citas electorais. O congreso remata con 4 anos de dirección baixo unha xestora, aínda que á fronte do partido todo apunta que seguirá Jorge Domínguez. O alcalde popular considera que neste tempo as cousas funcionaron aceptablemente ben e non dubida do apoio que lle darán mañá os 260 afiliados do PP de Meaño. De feito xa avanzou algo do discurso que dará tralas votacións. Falará da crise e criticará a actuación da Xunta en materia urbanística. O congreso do PP de Meaño celebrarase mañá a partir das oito e media da tarde na Casa da Cultura de Dena. Redacción Salnés |


















