Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Chega ó seu remate o II Campus Juan De Dios Román
 
 
Chega ó seu remate o II Campus Juan De Dios Román Imprimir Correo electrónico
Venres, 04 Xullo 2008

 

Rematou por este ano o Campus Juan de Dios Román, que reuníu a case setenta rapaces estes días no Grove. A maioría deles eran galegos, aínda que moitos decidiron cruzar España para desfrutar desta magnífica oportunidade; viñeron dende Alicante, Palencia ou Bizcaya entre outros lugares.

Durante estes últimos días recibiron clases de técnica e táctica polas mañás que logo aplicaron polas tardes en partiditos e competicións. Hoxe, día do peche recibiron a visita do padriño do campus, Juan De Dios Román, ex seleccionador nacional de balonmán e adestrador durante os últimos 40 anos de equipos tan granes como o Cidade Real, ó que aínda sigue vinculado. 

Aproveitando a súa presencia por estas terras preguntámoslle pola inminente chegada dos Xogos Olímpicos e das posibilidades que a selección española ten de traerse unha medalla dende a China. Dixo qe será un torneo "con moitas incógnitas", debido a que os xogadores chegan sen ritmo de competición e que a maioría dos equipos terán baixas importantes.

Con esta visita pechouse o campus por este ano, un éxito de novo. Polo Grove pasaron estes días estrelas da ASOBAL coma Iván Infestas (Academia Octavio Pilotes Posadas) e Roberto García Parrondo (Cidade Real) ou o árbitro Rodrigo Costas.

Con todo, este foi un campus no que divertimento e aprendizaxe, déronse a man.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com