SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| O BNG prepara os actos do día de Galicia |
|
|
| Venres, 04 Xullo 2008 | |
|
...que se celebra o vindeiro 25 deste mes. Por unha banda, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana recalou onte a tarde en Pontevedra nun mitín no que estivo acompañado por unha ampla representación do colectivo nacionalista local, co seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores á cabeza. Nesta intervención, o líder do BNG, disertou sobre a importancia deste día para a comunidade galega e sobre a necesidade de loitar polos intereses dos galegos; como reclamar a celeridade na implantación do AVE en Galicia. Quintana aproveitou a súa presencia nesta cidade para manifestar a súa opinión sobre a que denominou ocorrencia do PP local sobre o traslado de Ence-Elnosa. O vicepresidente cre que a verdadeira intención dos populares é perpetuar esta factoría en Lourizán. Case ó mesmo tempo, o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, ofrecía outro mitín en Vilagarcía onde falaba dos obxectivos dos actos previos ó día de Galicia. Nesta intervención, este representante da Xunta de Galicia estivo acompañado da Deputada nacionalista, Ana Pontón, e do concelleiro de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, quen fixo un chamamento á mobilización da cidadanía nos actos organizados en Santiago de Compostela o día 25. Castro Ratón avogou tamén por proporcionar un goberno nacionalista para Galicia para conseguir así cuantiosos avances para o país, tal e como, segundo el, acontece en Vilagarcía, con actuacións como a futura galescola, locais de ensaio, vivendas sociais ou ampliación do chan industrial. Redacción Salnés |





PONTEVEDRA > O Bloque Nacionalista Galego ven de comezar unha serie de actos de precampaña e chamada á mobilización co gallo do día de Galicia,...












