Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Caride anuncia que a autovía do Barbanza abrirá antes do Nadal 

SANTIAGO > A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, anunciou esta mañá que a autovía do Barbanza estará totalmente aberta ó tráfico antes de Nadal. Fíxoo nunha xuntanza mantida en Santiago cos alcaldes de Dodro, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira. Confírmase así por parte de Política territorial o adianto da posta en servizo desta infraestrutura, cuxo prazo contractual estaba fixado para finais de xaneiro de 2009.

alcaldes_barbanza300.jpg 

 

 + máis

 
A militancia elixe a Jorge Domínguez presidente do PP de Meaño Imprimir Correo electrónico
Luns, 07 Xullo 2008

MEAÑO > O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo e mailo provincial Rafael Louzán, clausuraron o sábado o congreso local de Meaño, no que saíu elixido como presidente local o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez. Os 260 militantes populares avalaron así a labor feita por Domínguez, que nos últimos catro anos presidiu a xestora local. Neste congreso, o rexedor foi o único candidato presentado e convértese así no quinto presidente do PP de Meaño.

Os dirixentes rexional e provincial do PP recoñecen a Jorge Domínguez como un dos principais bastións da formación conservadora na comarca do Salnés. E por iso quixeron arroupalo neste congreso. Nos discursos dos populares non faltaron alusións á crise económica nin críticas á xestión da Xunta, sobre todo, á da Consellería de Política Territorial, por ter paralizado algúns plans xerais.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_191108.jpgVILAGARCÍA >Extrugasa prepara xa o encontro que mañá vai disputar ante o Tarbes francés, correspondente á quinta xornada da Eurocup. O adestrador do conxunto vilagarcián, Isaac Fernández, asegurou hoxe en rolda de prensa que aproveitará o partido para facer cambios no equipo. As xogadoras menos habituais desfrutarán de máis minutos.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg