| A xestión provincial dos residuos abaratá os custes entre 30.000 e 400.000 € |
|
|
| Luns, 07 Xullo 2008 | |
|
PONTEVEDRA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe un modelo de consorcio para xestionar a recollida de residuos sólidos urbanos. Segundo o último estudio realizado por técnicos da Deputación, en toda a provincia xéranse ó ano máis de 404 mil toneladas de lixo, o que vén sendo algo máis dun quilo por habitante ó día. Louzán indicou que dos 62 concellos da provincia, 36 xestionan directamente os residuos. E para iso empregan máis de sete mil contedores de lixo mesturado, e 2.700 de envases lixeiros, 55 camións de recollida, e 130 condutores e operarios. Louzán cre que o consorcio permitirá abaratar custes e acadar unha limpeza efectiva, e eficaz. Dentro dos resultados presentados hoxe, analizáronse en profundidade os modelos de catro concellos, entre eles o do O Grove. Segundo os cálculos da Deputación o aforro co consorcio achegaríase ós 400.000 euros neste concello. O obxectivo da Deputación é ter este consorcio funcionando a comezos do 2009. Redacción Salnés |





