Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Comeza a tempada de polbo e nécora
 
 
Comeza a tempada de polbo e nécora Imprimir Correo electrónico
Luns, 07 Xullo 2008

necora_100.jpgSALNÉS > Hoxe rematou a veda de polbo e nécora en Galicia. Centos de naseiros volveron así á actividade extractiva logo de varios...

... meses de inactividade, desde o pasado día 10 de maio. Os resultados desta primeira xornada no Salnés foron moi satisfactorios nos cefalópodos e algo menos nas nécoras. Na lonxa do Grove, o primeiro polbo vendeuse a 6.50 euros o kilo. Ademais, o seu tamaño era moi bo e houbo moita cantidade; collendo case todas as 10 embarcacións que saíron os topes establecidos en 40 kilos por embarcación e día e outros 40 por tripulante a bordo.

 Neste día, como había cantidade, a xornada reduciuse e tódolos barcos chegaron á terra antes das seis da tarde, hora de queda. No tocante á nécora, no Grove só se adicaron a esta especie os barcos máis pequenos.

O kilo de nécora comezou a súa venda nos 48 euros o kilo. Malia todo a calidade aínda non é óptima posto que esta non é a súa mellor época. Dados estes resultados, os traballadores desta especie intentarán traballar de agora en diante fóra da ría para intentar conseguir mellores resultados.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg