Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Despois de moito retraso, o novo mercado municipal de Rianxo abre as súas portas
 
 
Despois de moito retraso, o novo mercado municipal de Rianxo abre as súas portas Imprimir Correo electrónico
Martes, 08 Xullo 2008

 

RIANXO > Ás dez en punto desta mañá comezaba a funcionar o novo mercado municipal de Rianxo, ubicado na céntrica urbanización Virxe da Guadalupe. O recinto abriu as súas portas tras catro anos e medio de traballos que acumularon constantes retrasos. Sen embargo, semella que a demora pagou a pena en vista do resultado final das instalacións.

En total, contan con dezaoito postos para a venda aínda que soamente están seis ocupados polo que volverán saír a concurso público as prazas vacantes. O mercado conta ademais cun aparcadoiro anexo, con case noventa prazas, que será gratuito para os clientes cun tempo máximo de estacionamento de dúas horas. O alcalde, Pedro Piñeiro, achegouse esta mañá a coñecer o novo recinto.

Opinións contrapostas

Entre os vendedores que hoxe estreaban a praza existía diversidade de opinións. Aínda que a maioría está satisfeito coas novas instalacións posto que son máis cómodas e funcionais, hai algúns, especialmente as peixeiras, que botan de menos a proximidade co mar. O mesmo acontece entre os clientes que se achegaron a coñecer a nova praza. Todos eles amosáronse encantados co novo edificio aínda que a algúns non lles quede tan a man como o antigo mercado.

A obra da nova praza contou con orzamento de cincocentos mil euros dos que o concello tan só tivo que aportar un 20% posto que a contía restante foi sufragada a través dun convenio coa promotora.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg