| Suso Leiro chega a Sanxenxo tras catro meses de travesía |
|
|
| Martes, 08 Xullo 2008 | |
|
Foron máis de 8.000 quilómetros de travesía pero aínda tivo gañas de facer bromas á súa chegada hoxe ó Porto de Sanxenxo, contra ás 11 da mañá. Saíu o 29 de febreiro dirección Polo Norte, ó que non puido chegar debido ó frío inverno que fixo, e que conxelou o mar impedindo o paso dos barcos. A súa viaxe levouno ata ó Ártico, a Groenlandia, onde clavou un cartel orientado cara Galicia a principios de xuño, momento no que deu volta para atracar en Sanxenxo hoxe, un mes despois. Unha aventura sobrehumana, na que só sabe él o mal que o pasou, superando temporais e tempestades en solitario. Entrou en porto acompañado por varias embarcacións e ó son das gaitas; familiares e amigos esperábano impacientes, aínda que se botou de menos a presencia de autoridades políticas. Nigún representantes de ningún organismo deixouse ver. Agora o que desexa Suso Leiro é descansar e retomar a súa vida en terra. Segundo deixou entrever, nin por todo o ouro do mundo repetiría este viaxe, fazaña propia dos máis míticos aventureiros que quedará sen dúbida rexistrada nalgún que outro libro de historia. Redacción Salnés |




SANXENXO > Máis que en deportes isto entre dentro das fazañas propias de aventureiros. O navegante portonovés Suso Leiro, de 64 anos de idade, chegou ó Porto de Sanxenxo esta mañá despois de maís de catro meses dunha travesía que o levou ata o Ártico.












