SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| O BNG di que hai máis propaganda que cobertura social nos orzamentos |
|
|
| Martes, 08 Xullo 2008 | |
|
...en vez da cobertura social. O edil nacionalista destaca o contraste que hai por exemplo entre os 721.000 euros para festas cos 247 euros para axuda a domicilio. O BNG de Sanxenxo afirma que neste Concello hai máis propaganda que cobertura social nos orzamentos municipais. O portavoz nacionalista Roberto Fernández Lores fai esta reflexión logo de analizar a conta xeral correspondente ó ano 2007. Os orzamentos do ano pasado ascendía a 114 millóns de euros e o BNG afirma que se demostrou que eran unha ficción. Os nacionalistas recollen datos como os 721 mil euros que se destinaron a festas e eventos populares ou os 40 mil euros que a alcaldesa dirixiu a atencións protocolarias. Para o BNG o organismo Terra de Sanxenxo merece un capítulo aparte. Sinala que dos 80 empregados que tivo en 2007 só hai un funcionario e que os demais son persoal contratado, o que xerou un gasto de 875.000 euros. Tamén di que para a piscina se destinaron 497.000 euros, cando os ingresos só foron de 267.000 euros. O BNG advirte que estas grandes cifras contrastan coas cantidades destinadas a servizos sociais. Así, considera ridículos os 247 euros para axuda a domicilio ou os 7.500 euros para a OMIX, entre outras partidas. Redacción Salnés |





SANXENXO > Roberto Fernández Lores afirma que a Conta Xeral de 2007 pon en evidencia que o goberno local só prima a propaganda...












