Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Marina Vilagarcía abriga xa a 400 barcos no porto deportivo Imprimir Correo electrónico
Martes, 08 Xullo 2008

VILAGARCÍA > O porto deportivo de Vilagarcía acolle xa a preto de catrocentos barcos. Marina Vilagarcía, a empresa concesionaria, acaba de facer balance do primeiro semestre deste ano no que destaca o alto índice de barcos indefinidos. Polo que respecta ós tránsitos no que vai de 2008 preto dun centenar de barcos elixiron estas instalacións para facer escala nas súas viaxes. A maioría das embarcacións eran estranxeiras, sobre todo do Reino Unido.

Segundo indica Marina Vilagarcía estas cifras van na liña das rexistradas en 2007, o que reflicte a boa acollida que ten este porto deportivo entre os afeccionados á navegación. O segredo está nos servizos que ofrece ó navegante.

Marina Vilagarcía leva desde o ano 2000 xestionando o porto deportivo de Vilagarcía e agora ten no punto de mira a concesión de dúas dársenas e unha rampla que acaba de sacar a concurso a Autoridade Portuaria. Teijido é optimista e lembra que nestes últimos anos foron sempre en aumento tanto en barcos transeúntes como en indefinidos.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg