| Sanxenxo acollerá o Cpto. de España en clase Vaurien |
|
|
| Mércores, 09 Xullo 2008 | |
|
No Real Club Náutico de Regatas de Sanxenxo non se para. Despois da intensa Semana Naval cargada de competición, estes días tocará o 45º Campionato de España en clase Vaurien. No club, contan coa boa experiencia do 2005, no que organizaron os mundiais desta clase e contan con facer, como sempre, un bo papel coma anfitrións. Dos 40 barcos que participarán hai catro que serán do club local e que intentarán deixar a Galicia no lugar que lle corresponde, no máis alto que é onde soen estar. Ademais, esta proba é puntuable para o ranking da clase que decidirá qué embarcacións participan no vindeiro Campionato do Mundo que se vai celebrar en Matosinhos, Portugal, a primeira semana de agosto. No estrictamente deportivo, faraselle unha recepción os participante o sábado, día das medicións dos barcos, para xa o domingo entrar en competición; serán 3 mangas por día ata o mércores para un total de 12,que darán o campión da clase en categoría absoluta, feminina e xuvenil. Redacción Salnés |




SANXENXO > O Centro Náutico Caixa Galicia acolleu esta mañá a presentación do Campionato de España de Vaurien que se celebrará en Sanxenxo do 12 ó 16 de xullo. Máis de 40 barcos chegado dende case tódolos puntos de España tomarán parte nesta competición.












