VILAGARCÍA > O Extrugasa prepara xa o encontro que mañá vai disputar ante o Tarbes francés, correspondente á quinta xornada da Eurocup. O adestrador do conxunto vilagarcián, Isaac Fernández, asegurou hoxe en rolda de prensa que aproveitará o partido para facer cambios no equipo. As xogadoras menos habituais desfrutarán de máis minutos.
| Tomás Fole critica a deixadez do bipartito co Parque da Xunqueira. |
|
|
| Mércores, 09 Xullo 2008 | |
|
...polo que el considera unha deixadez absoluta do goberno local no coidado do Parque da Xunqueira e do Hórreo situado nel. Ambos se atopan en moi mal estado de conservación e por iso os populares exixen unha actuación inmediata por parte o biparito para solventa-lo problema. Por iso presentaron un escrito no concello cunha serie de preguntas dirixidas ó executivo local propoñéndolles e exixíndolles solucións para estas problemáticas. Por unha banda a do parque, do que creen necesario quita-la area e colocar un chan de caucho, máis hixiénico e seguro. Engadirían un peche especial para evita-la entrada de animais e unha zona delimitada para estes nas que puidesen face-las súas necesidades. Fole referíuse tamén ó lamentable estado no que se atopa o horreo. Á súa situación de deixadez, hai que engandirlle nas últimas datas a rotura de cristais e unha plaga de pulgas, que son sen dúbida un foco de infección para os rapaces que pasan as tardes no parque. Os populares, que teñen un apoio nesta problemática de IVIL, agardan que dende o goberno local non se lle dé as costas a este tema, por seren un parque moi concurrido en Vilagarcía e que fala da imaxe da cidade por estar no centro da mesma. Redacción Salnés |




VILAGARCÍA > O potavoz do Partido Popular en Vilagarcía, Tomás Fole, ven de amosa-lo seu enfado... 












