Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O BNG fai balance do primeiro ano no cuatripartito do Grove
 
 
O BNG fai balance do primeiro ano no cuatripartito do Grove Imprimir Correo electrónico
Mércores, 09 Xullo 2008

O GROVE > O BNG repasou hoxe a labor feita polos seus edís neste primeiro ano dentro do cuatripartito. O que máis salientan é o grao de compromiso adquirido coas outras tres formacións do grupo de goberno. Recoñecen que hai debilidades pero que se salvan con diálogo.

Carlos Álvarez Besada, Antón Mascato e Victoria Canoura destacaron as mudanzas que fixeron en áreas como Cultura, Benestar, Novas Tecnoloxías, Xestión do Patrimonio, Industria ou Vivenda. Entre os logros, sinalaron a recuperación da Toxa como escenario para actividades como a Festa dos Maiores, a posta en marcha do primeiro Plan de Igualdade, a galescola de Rons, ou a vertebración da rúa Castelao, a máis comercial da vila.

Tamén destacaron a ampliación do horario da Casa de Cultura, que ademais da biblioteca acolle unha aula de dinamización das novas tecnoloxías. Precisamente, na área cultural, o edil Antón Mascato afirma que se multiplicaron os actos, que na maior parte se celebran no cine Marino, que teñen alugado. Un gasto moi cuestionado.

Tamén falaron dos retos para o que queda de lexislatura, un deles, acadar unha administración máis áxil e resolutiva, sobre todo, no caso das infraccións urbanísticas.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg