SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| O BNG informa ós adegueiros das accións que realiza sobre a OCM do viño |
|
|
| Xoves, 10 Xullo 2008 | |
|
CAMBADOS > O BNG reuniuse onte con adegueiros do Salnés para informalos das accións realizadas ata o momento tanto no Congreso como no Senado con respecto á nova OCM do viño. En Cambados estiveron a deputada Olaia Fernández e o senador Xosé Manuel Pérez, que consideran esencial que no novo reparto de fondos europeos se teña en conta o traballo que realizan as cinco denominacións de orixe de viño que hai en Galicia, e que representa o dez por cento da producción de España. O BNG recolleu tamén as suxestións que lles formularon os asistentes e que trasladarán logo ó Congreso para que se teñan en conta nas negociacións da nova OCM do viño. Os nacionalistas cren que este tipo de encontros son necesarios dada a preocupación que suscita a nova OCM no sector. Redacción Salnés |


















