Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O BNG informa ós adegueiros das accións que realiza sobre a OCM do viño
 
 
O BNG informa ós adegueiros das accións que realiza sobre a OCM do viño Imprimir Correo electrónico
Xoves, 10 Xullo 2008

CAMBADOS > O BNG reuniuse onte con adegueiros do Salnés para informalos das accións realizadas ata o momento tanto no Congreso como no Senado con respecto á nova OCM do viño. En Cambados estiveron a deputada Olaia Fernández e o senador Xosé Manuel Pérez, que consideran esencial que no novo reparto de fondos europeos se teña en conta o traballo que realizan as cinco denominacións de orixe de viño que hai en Galicia, e que representa o dez por cento da producción de España.

O BNG recolleu tamén as suxestións que lles formularon os asistentes e que trasladarán logo ó Congreso para que se teñan en conta nas negociacións da nova OCM do viño. Os nacionalistas cren que este tipo de encontros son necesarios dada a preocupación que suscita a nova OCM no sector.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg