Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Extrugasa xa coñece os seus rivais da Eurocup
 
 
O Extrugasa xa coñece os seus rivais da Eurocup Imprimir Correo electrónico
Venres, 11 Xullo 2008

extrugasa250_110708.jpgVILAGARCÍA >  O Extrugasa xa coñece os rivais ós que terá que enfrontarse na primeira rolda da Eurocup. O sorteo celebrouse onte en Munich e o bombo foi máis benévolo que o ano pasado.

Non van ter que viaxar tan lonxe e os rivais non son tan temibles a priori como os foron os do ano pasado. Esas son as conclusións que pode sacar o Extrugasa do sorteo realizado onte en Munich, polo que xa coñece dous dos seus rivais na liguiña de grupos da próxima Eurocup.

Serán o Tarbes francés e o Olivais de Portugal. O terceiro dos seus opoñentes sairá do gañador da eliminatoria entre o Stockholm sueco e o Pallacanestro Ribera italiano.

Non foi tan duro como o ano pasado porque se botamos a vista atrás o Familia Schio e o BC Moscú foron os finalistas da competición. Desta volta, canda menos non van ter que viaxar ata Rusia, senón ó sur Francia e a Coimbra.

Do Tarbes coñécese que foi gañador da copa Ronchetti no 1996 pero que nos últimos anos non é un equipo tan temible, de feito foron décimas na liga do seu país. O Extrugasa contará ademais coa vantaxe de que a búlgara Jaklin Zlatanova, a súa última fichaxe, provén precisamente do equipo francés, polo que poderá pasar bos informes.

O Olivais luso é un rival que non debería representar problemas; aínda que é o actual campión da súa liga, o nivel do baloncesto feminino portugués non está ó do español. Ademais o desplazamento non será traumático xa que se pode facer por carretera en escasas tres horas.

Pero as vilagarciáns abrirán a competición contra o vencedor da eliminatoria entre Stockholm e Pallacanestro Ribera, rivais con pouco nome, eliminatoria na que as italianas partencon certo favoritismo e que de gañar aforrarían unha incómoda viaxe ata Suecia ás de Isaac Fernández. Precisamente contra suecas ou italianas debutará o Extrugasa o 23 de octubre en Fontecarmoa.

Non deberían ter problemas para pasar de rolda e situarse nos dezaseisavos de final, tendo en conta que acceden á seguinte fase os dous primeiros equipos de cada un dos doce grupos e os oito mellores terceiros. Incluso poderían ser primeiras.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com