SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| Meis celebra San Bieito entre callos e novos talentos |
|
|
| Venres, 11 Xullo 2008 | |
|
MEIS > O concello de Meis xa está inmerso na súa festa de San Bieito. Onte á noite o bailarín da Illa de Arousa Trillo foi o encargado de ler o pregón, nun acto que se celebrou no centro multiusos de Mosteiro. O artista dedicouse a repasar o programa das festas e non se esqueceu da cita que hai o domingo para degustar os callos no campo da feira. Polo escenario do multiusos tamén pasaron onte outros artistas televisivos, caso de Tania Moimenta e María Chenlo, e tamén unha das finalistas do concurso Tienes Talento de Cuatro Arancha Rodríguez. Esta nena de Monteporreiro xunto con Trillo participaron logo como xurado no concurso local de talentos, Porque ti o vales. En total actuaron quince artistas, a maioría cantantes, aínda que tamén houbo moitos bailaríns, e incluso un beatboxer. A gañadora foi unha rapaza de Marín, María del Mar García. En segundo lugar quedou Ivana Rodríguez, de Monteporreiro, irmá de Arancha, que cantou un tema de María Isabel. O terceiro premio quedou en Meis, e foi para a bailarina Eva Lede Reboredo que interpretou unha peza do musical Moulin Rouge. Redacción Salnés |


















