Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow CULTURA arrow Meis celebra San Bieito entre callos e novos talentos
 
 
Meis celebra San Bieito entre callos e novos talentos Imprimir Correo electrónico
Venres, 11 Xullo 2008

MEIS > O concello de Meis xa está inmerso na súa festa de San Bieito. Onte á noite o bailarín da Illa de Arousa Trillo foi o encargado de ler o pregón, nun acto que se celebrou no centro multiusos de Mosteiro. O artista dedicouse a repasar o programa das festas e non se esqueceu da cita que hai o domingo para degustar os callos no campo da feira.

Polo escenario do multiusos tamén pasaron onte outros artistas televisivos, caso de Tania Moimenta e María Chenlo, e tamén unha das finalistas do concurso Tienes Talento de Cuatro Arancha Rodríguez. Esta nena de Monteporreiro xunto con Trillo participaron logo como xurado no concurso local de talentos, Porque ti o vales.

En total actuaron quince artistas, a maioría cantantes, aínda que tamén houbo moitos bailaríns, e incluso un beatboxer. A gañadora foi unha rapaza de Marín, María del Mar García. En segundo lugar quedou Ivana Rodríguez, de Monteporreiro, irmá de Arancha, que cantou un tema de María Isabel. O terceiro premio quedou en Meis, e foi para a bailarina Eva Lede Reboredo que interpretou unha peza do musical Moulin Rouge.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg