SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| O Grove inicia un programa de autoprotección para bañistas |
|
|
| Venres, 11 Xullo 2008 | |
|
O Alcalde desta localidade, Jose Antonio Cacabelos, adiantou os obxectivos e actividades que inclúe este proxecto. Este programa ponse en marcha cunha primeira actividade destinada ós rapaces e rapazas de entre os 8 e os 18 anos, tanto residentes neste concello como visitantes; que leva por título O Golfiño Socorrista. Dentro da mesma, os pequenos e pequenas aprenderán cousas como alertar os servicios de emerxencia ou coñecer o traballo que realizan día a día os servicios de emerxencia de Protección Civil nos areais deste concello. Os interesados en anotarse ou en acadar máis información poden chamar ó número de teléfono 986 73 22 55, ou ben anotarde no mesmo posto de socorro de calquera dos areais grobenses. Ademais deste apartado infantil, esta campaña de concienciación e prevención prolongarase ós establecementos da vila, mediante o reparto de dípticos informativos entre a poboación. Este programa vai ademais a prolongarse no tempo. Esta iniciativa conta co apoio da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, tal e como avaliou a presencia esta mañá neste acto da delegada provincial deste departamento autonómico. Redacción Salnés |





O GROVE > O Concello do Grove ven de presentar un plan de autoprotección para bañistas baixo o lema “O Grove unha vila máis segura”.












