Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Aberto ao tráfico o enlace da vía da Barbanza con Rianxo
 
 
Aberto ao tráfico o enlace da vía da Barbanza con Rianxo Imprimir Correo electrónico
Luns, 14 Xullo 2008

aperturaenlacerianxo_140708.jpgRIANXO > Os condutores que circulen dirección Padrón xa poden sair da vía da Barbanza a altura do concello de Rianxo.

Tal e como prometera a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María Xosé Caride na súa visita ó Barbanza a pasada semana xa está completamente operativo o enlace de Rianxo, despois de que a empresa concesionaria das obras estivera traballando na última semana arreo para posibilita-la súa apertura.

Este enlace supón, na práctica, que os usuarios da vía do Barbanza que se despracen en sentido Ribeira-Padrón, poderán abandonala en Rianxo. Cúmprese así unha reivindicación de moitos condutores desta estrada que non vían con bos ollos que non existise en dirección Santiago saída en Rianxo.

Enlace Catoira-Vilagarcía

A outra reivindicación, máis complexa pola operatividade das obras, é o enlace de Catoira, pero a Consellería de Política Territorial xa informou que o martes ao mediodía xa estará habilitado para que os usuarios que se despracen en sentido Ribeira-Padrón poidan sair e entrar neste punto da vía.

Vía en obras

Na actualidade en toda a autovía en sentido Santiago-Ribeira poderán usarse os enlaces de Dodro, Catoira, Rianxo, e Espiñeira en Boiro, así como amén Pobra Norte e Ribeira. En dirección Ribeira-Santiago poderanse utiliza-los de Ribeira, Pobra Norte, Espiñeira, Rianxo e Dodro. Con todo, cómpre recordar que as obras de transformación desta infraestrutura en autovía continúan desenvolvéndose polo que a operatividade dos enlaces poderá ser modificada dependendo das necesidades dos traballos.

 

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg