| Fangoria, Boney M e Lorena, principais concertos do Albariño |
|
|
| Luns, 14 Xullo 2008 | |
|
CAMBADOS > Comeza a conta atrás para a celebración da Festa do Albariño, que este ano ten un presuposto de 300.000 euros. O programa inclúe unha ampla variedade de actividades, desde cursos, competicións deportivas, monólogos, ciclos de cine, exposicións ou obradoiros infantís, sen esquecerse das actuacións musicais. Entre os artistas e grupos que virán a Cambados destacan Alaska con Fangoria, Boney M, Deluxe ou Lorena. Pero tamén no apartado musical hai rexistros para tódolos gustos. Para os mozos haberá un festival con dilleis o 26 de xullo. Pero tamén haberá recitais de gospell e concertos de bandas. A organización agarda contar cunhas 5.000 persoas de fóra de Cambados para os concertos estelares, que poden deixar grandes beneficios para a hostalería e restauración do concello. De feito, a estas alturas xa non queda habitación libre na vila do albariño para a semana grande das festas. A festa do Albariño non comeza oficialmente ata o 30 de xullo, pero o programa xa comeza antes. Haberá actividades ata finais de setembro, tempo no que se celebrarán outras citas como a Festa Europea do Viño, a Festa da Vieira e a Festa da Vendima. Redacción Salnés |

















