SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| A Alcaldesa de Ribadumia pide maior seguridade na rotonda de Barrantes |
|
|
| Luns, 14 Xullo 2008 | |
|
... Obras públicas e transportes para solicitarlle a creación dun paso peonil na rotonda de Barrantes. Segundo esta rexedora local, nesta rotonda son moitos os veciños que atravesan andando sen condicións de seguridade, posto que une dúas parroquias deste Concello, a de Sisán ca de Barrantes. Unha inseguridade que vai a ser aínda maior cando proximamente se abra a autovía do Salnés. Ademais este lugar é punto de paso para moitos peóns, posto que linda ca ruta de sendeirismo que percorre a marxe do río Armenteira e os muíños restaurados. Esta solicitude xa fora formulada polo consistorio de Ribadumia fai cousa de dous anos, sen que ata o de agora obtivese resposta algunha. Esta mesma alcaldesa, tamén quere aproveitar esta reunión para trasladarlle á representante da Xunta ás protestas de varios veciños de Barrantes, que denuncian que cas obras da autovía, se lles pechou o acceso a esta rotonda dende unha pista que lles facía servicio e que transcorría paralela á autovía. Asemade, Peña esixirá tamén o inminente arranxo do firme deste vial de acceso á autovía, que arestora se atopa en moi mal estado. Redacción Salnés |





RIBADUMIA > A Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, solicita unha nova reunión ca titular da Consellería de Política Territorial,...












