Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O BNG defende o proxecto do parque industrial de Tremoedo

VILAGARCÍA > A voceira do BNG de Vilanova, Carmela Alfonso, e o voceiro nacionalista a nivel comarcal, Duarte Correa, falaron hoxe en rolda de prensa sobre a situación actual do proxecto do polígono industrial de Tremoedo.

 Para os nacionalistas o proxecto inicial rexistrou numerosas melloras grazas as aportacións dos veciños, como a reducción da súa extensión a 960.000 metros cadrados, a exención das terras de cultivo ou a innovación nos sistemas de captación de auga.

foto_bng_300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Concello e Protectora premian ós alumnos do Julio Camba e do Asorey Imprimir Correo electrónico
Martes, 15 Xullo 2008

gala_cans100_150708.jpgCAMBADOS > Os alumnos do colexio Julio Camba e do Instituto Francisco Asorey foron galardoados na gala 'O Salnés polos Animais' ...

O programa das Festas do Albariño de Cambados inclúe a celebración de varias galas. Unha delas xa se celebrou o domingo na praza de Fefiñáns. Trátase do festival benéfico O Salnés polos Animais, organizada polo Concello e a Protectora de Animais de Cambados. A gala serviu para premiar o esforzo de diversas entidades que traballan para sensibilizar á poboación contra o maltrato e o abandono de mascotas.

Nesta ocasión os galardoados foron os alumnos do colexio Julio Camba e do instituto Francisco Asorey. Os primeiros participaron activamente na promoción do disco Operación Can e os segundos editaron unha revista titulada Eu nunca o faría. O programa da Galega 'Acompáñenos' tamén foi distinguida, e a asociación de comerciantes Zona Aberta de Cambados entregou os premios de redacción escolar.

Ademais de actuacións musicais, na gala proxectáronse vídeos e curtametraxes. A presidenta da protectora Olga Costa estivo acompañada polo alcalde e pola edil de Cultura. No festival lembrou que o abandono segue a ser unha triste realidade e indicou que o albergue de Corbillón está xa completo con 23 cans.

RAÍÑAS DA FESTA 

O Concello de Cambados xa prepara a vindeira gala, que se celebrará o día 27 para elixir a Raíña e Damas da Festa do Albariño. As nenas de entre 6 e 10 anos poden optar a Raíña Infantil, mentres que as maiores de 16 poden ser Raíña Maior. Tódalas finalistas recibirán de premio 100 euros en metálico máis un vale de compra por 50 euros de Cambados Zona Centro. O Concello informa que as aspirantes teñen de prazo ata o 23 para inscribirse. A gala das raíñas fecharase co concerto do grupo Beat Road.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg