Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Trofeo Extrugasa contará cun cartel de auténtico luxo
 
 
O Trofeo Extrugasa contará cun cartel de auténtico luxo Imprimir Correo electrónico
Mércores, 16 Xullo 2008

ext250_160708.jpgVILAGARCÍA > Disputarase na derradeira fin de semana de setembro e haberá, como soe ser habitual, un gran nivel de equipos participantes: Perfumerías Avenida, San José e Celta Vigourban.

O Extrugasa comeza a vislumbrar o que lle agarda este ano nas diferentes competicións e tamén na pretemporada. Senón hai ningún contratempo de última hora e non se cae ningún equipo, o cartel do Trofeo Extrugasa será de auténtico luxo.

Por unha banda o Celta Vigourban, que será o rival das vilagarciáns ás primeiras de cambio, nun anticipo do derby ligueiro que se producirá dez días máis tarde, na segunda xornada . 

Pola outra banda estarán os pesos pesados: Perfumerías Avenida de Salamanca e San José de León, o subcampión de Liga e o Subcampión de Copa, frente a frente. Unha gran oportunidade para ver ós mellores equipos da Liga Feminina, con permiso do Ros Casares, e tamén para ve-lo nivel que amosan as novas fichaxes do Extrugasa. Jaklin Zlatanova, Alexis Meredith e Tamara Young, principalmente, serán seguidas con lupa.

Será ademais un trofeo que terá a súa cara emotiva, xa que co Celta virá á pivot lituana Agne Ciudariene, e co Perfumerías o preparador físico Jordi Aragonés, dous vellos coñecidos da afección vilagarcián.

Paralelamente, durante estes días, o club comezará coa campaña de captación de socios para o vindeiro ano; están á espera de dispoñer dos novos carnés para comezar a distribuilos entre os afeccionados.

Por último, o sábado ás 20:30 darán comezo as Primeiras Xornadas Gastronómicas Mar de Arousa organizadas polo club. Serán na zona TIR e poderase desfrutar delas ata o día 27.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com