Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O BNG de Ribeira recaba o apoio da cidadanía en contra da ampliación do náutico
 
 
O BNG de Ribeira recaba o apoio da cidadanía en contra da ampliación do náutico Imprimir Correo electrónico
Mércores, 16 Xullo 2008

bngribeira_100_160708.jpgRIBEIRA > O BNG realizou unha campaña de recollida de alegacións contra o Plan Director de Portos que prevé a ampliación do club náutico da localidade.

Os membros do grupo municipal do BNG de Ribeira entregaban no rexistro do concello as 300 alegacións en contra do proxecto de Portos de Galicia de amplia-las instalacións do náutico da localidade. Segundo os nacionalistas esta actuación afectará de xeito negativo sobre o banco marisquero de Coroso.

Para os nacionalistas ribeireses este non será o único problema, xa que a obra suporá ademais a privatización dunha parte importante de terreos públicos.

Por esta razón os nacionalistas convidan os veciños da localidade a que presenten alegacións de xeito indivisual, amosando o seu rexeitamento a dita actuación. O prazo para a súa presentación rematará este mércores.

O executivo ribeirés vén de convocar unha sesión plenaria con carácter extraordinario para o xoves na que está previsto abordar este tema. Será un único punto no que os catro grupos con representación municipal abordarán as alegacións a presentar ó plan director de Portos de Galicia para instalacións náutico-deportivas.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg