SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| Os Príncipes de Asturias celebran o Carme na Escola Naval Militar |
|
|
| Mércores, 16 Xullo 2008 | |
|
... de entrega dos reais despachos ós novos oficiais. Nesta ocasión si asistiu dona Letizia, ausente o ano pasado por estar embarazada, poloq eu é a súa primeira visita a Marín como Princesa de Asturias. Á súa chegada á Escola Naval, os príncipes foron recibidos polo presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e logo pasaron revista ó batallón de alumnos. Posteriormente, acompañados das autoridades galegas e dos mandos militares, Don Felipe e Dona Letizia trasladáronse ó podio para presidir a xura de bandeira dos 60 aspirantes de primeiro curso, a entrega dos reais despachos ós 166 novos oficiais e o nomeamento oficial ós militares de complemento. Entre as personalidades que asistiron á cerimonia destacou a presidenta do Parlamento galego Dolores Villarino e a vicepresidenta do Congreso Ana Pastor. A ausencia máis significativa foi a da ministra de Defensa Carme Chacón. Coincidindo con este acto, no porto militar de Marín púidose ver ó buque escola Juan Sebastián de Elcano, un dos emblemas da Armada. Tamén estaban atracados a fragata Álvaro de Bazán e o patrulleiro Atalaya. Redacción Salnés |





MARÍN > A Escola Naval vestiuse hoxe de gala para celebrar o día do Carme. Este ano tocoulle ós Príncipes de Asturias presidir o acto ...












