Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
A UE aproba axudas para paliar a crise dos combustibles Imprimir Correo electrónico
Mércores, 16 Xullo 2008

pesca_lei_100.jpgO SALNÉS > Os Ministros de Pesca da Unión Europea, no transcurso dunha reunión celebrada onte a noite en Bruxelas, ...

...acordaron adoptar unha serie de medidas de urxencia para facer fronte á crise do sector pesqueiro orixinada pola suba dos combustibles. Deste xeito, a Unión Europea destinará un total de 600 millóns de euros adicionais procedentes de fondos comunitarios como medida de choque ante as constantes subidas de prezo do gasóleo, que nos últimos cinco anos supuxo un incremento do 300 %.

Estas axudas ós mariñeiros terán en conta rexións nas que exista unha dependencia importancia da pesca como é Galicia e imporán como condición que o combustible represente un 30 % dos gastos totais do buque, ou alomenos un 20 % no caso de barcos con menos de 12 metros de eslora. Estas subvencións estarán condicionadas a un desmantelamento do 30 % da flota beneficiada.

O Consello, tal e como reclamou España, accedeu a facilitar este tipo de axudas por parada temporal á flota afectada por uns plans de xestión, e non só a aqueles que se acollan a estes programas de desmantelamento.

Financiaranse tamén outras medidas que contribúan a loitas contra o cambio climático e a acadar un menor consumo. A Consellería de Pesca da Xunta de Galicia xa declarou que estas axudas cumpren cas súas expectativas. Mentres tanto, asociacións e confederacións de armadores, como CEPESCA, sinalaron que botan de menos outras medidas máis inmediatas, sen menoscabo de valorar moi positivamente a resposta, en tempo record, do comisario Europeo en temas de Pesca, Joe Borg.

Este acordo podería entrar en vigor este mesmo mes.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg