| Cabello e Lago, novos campións de España en Clase Vaurien |
|
|
| Xoves, 17 Xullo 2008 | |
|
Púxose o peche a un Campionato de España que será recordado polo competido que foi e pola deportividade que amosaron tódolos participantes. Despois de tres xornadas e cinco mangas disputados, só quedaba culminalo, e fíxose ó grande. Nun campo de regatas idóneo e cunhas condicións climatolóxicas perfectas para a práctica de vela lixeira, dúas embarcacións loitaron pola victoria, ambas do Real Club Náutico de Sanxenxo: o X- Náutica de Ignacio Campos e Juan Pedro Martínez e o Certum, de Pablo Cabello e Javier Lago, que á postre serían os vencedores. A victoria destes vigueses fundamentouse na súa gran regularidade. Chegaban con dous puntos de vantaxe para defender en tres regatas e o fixeron vencendo en dúas delas e acadando un segundo posto noutra. En categoría feminina María Campos e Edurne Tamayo venceron sen problemas en mentres que os irmáns Jiménez fixérono en xuvenil. Coa entrega de trofeos púxose o punto e final a estes cinco días de competición e actos sociais que deixaron a todo o mundo cun bo sabor na boca. Redacción Salnés |

















