Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O PSOE da Pobra avoga pola creación de máis espazos públicos
 
 
O PSOE da Pobra avoga pola creación de máis espazos públicos Imprimir Correo electrónico
Xoves, 17 Xullo 2008

psoeespazopublico_100_170708.jpgPOBRA > O PSOE da Pobra oponse á venda do espazo dotacional destinado a uso público resultante da urbanización do polígono número sete do PXOM.

Tralos anuncios aparecidos o pasado sete de xullo tanto no Diario Oficial de Galicia como no Boletín Oficial da Provincia, os concelleiros do PSOE solicitaron a información relativa á urbanización do polígono número sete ubicado na zona da Covecha.

Praza pública

O convenio establece que a promotora da obra, unha vez urbanizado o recinto, deberá ceder un dez por cento do terreo ó concello tal e como manda a lei. Trataríase entón dun espazo de 721 metros cadrados que, segundo os socialistas, podería acoller unha praza ou unha área de ocio para tódolos veciños, posto que a Pobra carece deste tipo de espazos.

Sen embargo, a intención do executivo é vender eses terreos á propia promotora por valor de 200 mil euros co que o espazo destiando a uso público tamén será edificado.

'Nefasta xestión'

Esta operación responde, segundo os responsables do PSOE, á nefasta xestión económica do goberno que ten que recorrer á venda de espazo público para pagar as débedas contraídas.

Neste sentido, os socialistas son moi críticos coa política financiera do executivo local que, segundo denuncian, está endebedando as arcas municipais sen facer caso das continuas advertencias do departamento de intervención sobre a necesidade de poñer en marcha un plan de saneamento económico.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg