Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
A variante de alta velocidade de Portas entra en funcionamento o domingo Imprimir Correo electrónico
Venres, 18 Xullo 2008

variante_portas_100.jpgPORTAS > A variante ferroviaria de Portas do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, que une Portela con Vilagarcía de Arousa, vai estar en servizo este domingo.

O tramo da liña de alta velocidade discorre polos concellos de Barro, Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía e vai permitir reducir o tempo da viaxe entre esta localidade con Pontevedra a partir da vindeira semana. Serán 13,1 quilómetros de distancia fronte os 18,5 que tiña o anterior trazado, nos que se investiron algo máis de 200 millóns de euros.

 A variante de Portas está dotada coas características propias dunha liña de alta capacidade, e con esta nova posta en funcionamento xa van estar en servizo 67,5 quilómetros do novo trazado do Eixo Atlántico, que unirá A Coruña con Vigo. O novo trazado da variante de Portas vai ter tamén unha maior seguridade para os condutores e peóns que a anterior vía, ó suprimirse tres dos pasos a nivel que había no percorrido. Para suplilos, construíronse dous pasos inferiores peonís, un para vehículos e unha pasarela no lugar de Loenzo.

Porén esta noticia non contenta ós veciños do concello de Portas. A plataforma en defensa da permanencia da parada do tren nesta vila, que deixará de existir cando se implante por completo o Eixo Atlántico de Alta Velocidade, vai seguir coas súas protestas anta falta de respostas do Ministerio de Fomento á súa reivindicación. A próxima será este sábado na estación do tren do concello, onde cortarán a vía durante unha hora, entre as sete e as oito do serán.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg