| A variante de alta velocidade de Portas entra en funcionamento o domingo |
|
|
| Venres, 18 Xullo 2008 | |
|
O tramo da liña de alta velocidade discorre polos concellos de Barro, Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía e vai permitir reducir o tempo da viaxe entre esta localidade con Pontevedra a partir da vindeira semana. Serán 13,1 quilómetros de distancia fronte os 18,5 que tiña o anterior trazado, nos que se investiron algo máis de 200 millóns de euros. A variante de Portas está dotada coas características propias dunha liña de alta capacidade, e con esta nova posta en funcionamento xa van estar en servizo 67,5 quilómetros do novo trazado do Eixo Atlántico, que unirá A Coruña con Vigo. O novo trazado da variante de Portas vai ter tamén unha maior seguridade para os condutores e peóns que a anterior vía, ó suprimirse tres dos pasos a nivel que había no percorrido. Para suplilos, construíronse dous pasos inferiores peonís, un para vehículos e unha pasarela no lugar de Loenzo. Porén esta noticia non contenta ós veciños do concello de Portas. A plataforma en defensa da permanencia da parada do tren nesta vila, que deixará de existir cando se implante por completo o Eixo Atlántico de Alta Velocidade, vai seguir coas súas protestas anta falta de respostas do Ministerio de Fomento á súa reivindicación. A próxima será este sábado na estación do tren do concello, onde cortarán a vía durante unha hora, entre as sete e as oito do serán. Redacción Salnés |




PORTAS > A variante ferroviaria de Portas do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, que une Portela con Vilagarcía de Arousa, vai estar en servizo este domingo.
