Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Un veciño de A Illa aparece morto no seu domicilio

A ILLA > Polo de agora descoñécense as causas do falecemento, aínda que segundo a Garda Civil, trataríase de morte natural. Arredor das dez e media da mañá os servizos do 112 avisaban á Garda Civil de Pontevedra da aparición dunha persoa morta no número 4 da travesía do Cruceiro, no concello de A Illa. Ata o lugar desprazáronse dous axentes e un vehículo dos servizos funerarios. Dúas horas máis tarde procedíase ó traslado do cadáver para a realización da autopsia

falecemento_a_illa300.jpg 

 

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
Sanxenxo reúne á cúpula nacional do PP na escola de verán do partido Imprimir Correo electrónico
Venres, 18 Xullo 2008

escola_veran_pp_100.jpgSANXENXO > Practicamente a cúpula nacional do PP ó seu completo asistiu esta mañá a inauguración da escola de verán da formación política que se desenvolverá ...

... esta fin de semana en Sanxenxo. A Secretaria Xeral do PP, María Dolores de Cospedal, a Portavoz popular no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría e os Vicesecretarios Xerais Javier Arenas, Ana Mato e Esteban González Pons son algúns dos dirixentes do partido que van debater ó longo destes tres días as posibles saídas á actual crise económica que atravesa o país, a temática na que se vai centrar este ano a escola. Tamén estivo esta mañá en Sanxenxo o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que pechará o curso o domingo xunto co Presidente nacional, Mariano Rajoy.

Destas xornadas, aseguraron esta mañá os populares, van saír unha serie de receitas para facerlle fronte á crise. Unhas medidas que lle van ofrecer ó Partido Socialista para que as poña en práctica, xa que o Goberno , din, non conta con ningunha outra alternativa para saír da crise. Unha situación, insistiron, que lle está a afectar a toda Europa, pero da que España vai ser o país peor parado, xa que o seu Goberno non está a facer nada por superala.

A austeridade nas administracións públicas e a baixada dos impostos son algunhas das propostas do PP, quen tamén fixo esta mañá alusión á Galicia e ás vindeiras eleccións autonómicas. Con unha taxa de inflación catro décimas por encima da media nacional, subliñaron que a comunidade vai ter afrontarse en desvantaxa á difícil situación económica actual, pero tamén se mostraron optimistas en canto os comicios autonómicos, dos que non dubidan, o PP, saia gobernando Galicia.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

baloncesto250_031208.jpgSALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa.  Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg