Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Nova sentenza contra o PXOM de Boiro por ser aprobado sen o informe de Patrimonio
 
 
Nova sentenza contra o PXOM de Boiro por ser aprobado sen o informe de Patrimonio Imprimir Correo electrónico
Martes, 22 Xullo 2008

anulacionpxomboiro_100_220708.jpgBOIRO > Por terceira vez o concello de Boiro recibe unha sentenza desfavorable do Tribunal Superior de Xustiza que anula o actual PXOM.

Se anteriormente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle dera a razón ó voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, e tamén ó veciño Xosé Manuel Pardeiro, anulando o actual PXOM aprobado hai cinco anos, no ano 2003, durante o goberno do PP presidido por Xesús Alonso, agora é de novo unha denuncia dunha particular a que volve a desacreditar este planeamento.

Segundo se revela na sentenza as razóns para anula-lo PXOM son as mesmas que en anteriores ocasións: a falla do preceptivo informe de Patrimonio.

Recurso

O executivo boirés ten en mente recurrir, xa que os fallos ditados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non son firmes e cabe interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Deste xeito pretende evitar que a suspensión do PXOM sexa firme.

Dende o equipo de goberno sinálase ademais que este feito non significará a parálise da actividade construtiva no municipio e seguirase traballando de acordo co plan actual. O problema si se daría se o fallo do Tribunal Supremo confirma a anulación do PXOM. Nese caso, o urbanismo en Boiro volvería a estar supeditado ás normas subsidiarias anteriores o actual PXOM aprobado no ano 2003, o que suporía unha reducción na edificabilidade no municipio de ata un 50%.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg