Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Louzán presenta os Premios Provincia de Pontevedra 2008
 
 
Louzán presenta os Premios Provincia de Pontevedra 2008 Imprimir Correo electrónico
Mércores, 23 Xullo 2008

dv800_-_louzan_100.jpgPONTEVEDRA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe os cinco candidatos para optar ...

... ós Premios Provincia de Pontevedra 2008. En primeiro termo no apartado de turismo, a entidade proposta é o parador Conde de Gondomar de Baiona; non só pola súa actividade empresarial senón tamén pola súa aposta constante polas actividades culturais. No apartado de empresas, o titular do ente autonómico quixo sobrancear a labor da empresa Extrugasa, do grupo Quintá, polo seu desenvolvemento empresarial. Unha empresa que facturou o ano pasado cento dez millóns de euros chegando a uns cinco mil clientes.

No apartado social a nominada é a Asociación Galega San Francisco, AGASFRA, polas súas catro décadas dedicadas ó coidado das persoas afectadas con discapacidade intelectual, sensorial e plurideficientes a través dos seus 9 centros afincados en Vigo. Nos deportes este recoñecemento faiselle ó atleta Alejandro Gómez Cabral, recordman español xuvenil en varias categorías. Por último, na cultura o galardoado será o escultor de Sanxenxo Alfonso Vilar Lamelas.

Asemade, Louzán propuxo á empresa supermercados Froiz como candidato á medalla de Ouro de Pontevedra, pola súa destacada actividade empresarial dos últimos 40 anos, e polo seu compromiso directo co entorno social e económico máis directo.

A entrega destes premios realizarase o vindeiro 7 de agosto, no transcurso dunha gala que terá lugar a partir das sete da tarde, no Pazo Provincial pontevedrés.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg