SALNÉS > O Extrugasa presentou esta tarde na sede do club á súa nova fichaxe, Taru Tuukannen, unha vella coñecida da afección vilagarcián. A contratación da pivot finlandesa colleu a todos por sorpresa. Foi a través dunha negociación meteórica coa xogadora, que quedou desvinculada onte mesmo do seu anterior equipo, o Napoli italiano
| Afectados por Megasa denuncian novas emisións tóxicas |
|
|
| Luns, 28 Xullo 2008 | |
|
A comisión de afectados por Megasa denuncia novas emisións contaminantes da factoría de Vilagarcía. Os veciños do entorno das Carolinas afirman que o pasado luns puideron apreciar como os efectos das emisións tóxicas de Megasa volvían a sentirse, padecendo cheiros e dificultade para respirar. Ese mesmo día deron parte ó Seprona e á Consellería de Medio Ambiente. Segundo os afectados, desde o gabinete autonómico puxéronse en contacto de forma inmediata coa empresa e puideron corroborar estas emisións tóxicas, que a empresa xustificou alegando unha avaría puntual no incinerador. A comisión considera que estas novas emisións corroboran os argumentos que esgrimen desde hai tempo para reclamar o traslado da metalgráfica a un polígono industrial. Indica ademais que o sucedido o luns demostra que o filtro instalado pola empresa para evitar as emisións non é eficaz, e cre que se debería complementar cun sistema de control que detivese a producción en caso de avaría. Redacción Salnés |





VILAGARCÍA > A Comisión Cidadán de Afectados por Megasa denunciou no Seprona e Medio Ambiente novas emisións contaminantes.












